Pandereteiras de Barro de Arén
Monday, April 24, 2006
Tuesday, April 04, 2006
Os integrantes desta formación son os vecinos dun pobo situado no concello de Cerdedo, esta localidade é coñecida como Barro de Arén. Nesta asociación de veciños vese a tradición no estado máis puro, con cantares típicos da zona da Terra de Montes, cantados e tocados respectando a súa forma máis antiga, xa que moitos dos cantares que eles interpretan coñecéronos sendo uns rapaces. Moitas das coplas son autóctonas da zona e fan referencia a vida cotiá ou a lugares dos arredores nombrándoos ou recordando momentos históricos. Nese lugar aínda se fan ruadas, nas cales cantan e bailan todos e pasan ratos agradables entre os vecinos. Adoitan reunirse no chamado Teleclub, un local social de reunións.
Integrantes:
-José Cortizo Martínez
-Alsira López Álvarez
-Manuela Cortizo Medal
-José Álvarez Sieiro, "Pepito"
-Pura Mariño Martínez
-Gumersinda Castro Porto
-Maricarmen Martínez López
-Felicita Martínez López
-Clara Ruzo Suieiro
-José Álvarez Sieiro
-Hermitas Camiña Pena
-Delmira Camiña Pena
-Andrea López Varela
-Tania López Varela