Pandereteiras de Barro de Arén
Monday, April 24, 2006
Tuesday, April 04, 2006
Os integrantes desta formación son os vecinos dun pobo situado no concello de Cerdedo, esta localidade é coñecida como Barro de Arén. Nesta asociación de veciños vese a tradición no estado máis puro, con cantares típicos da zona da Terra de Montes, cantados e tocados respectando a súa forma máis antiga, xa que moitos dos cantares que eles interpretan coñecéronos sendo uns rapaces. Moitas das coplas son autóctonas da zona e fan referencia a vida cotiá ou a lugares dos arredores nombrándoos ou recordando momentos históricos. Nese lugar aínda se fan ruadas, nas cales cantan e bailan todos e pasan ratos agradables entre os vecinos. Adoitan reunirse no chamado Teleclub, un local social de reunións.
Integrantes:
-José Cortizo Martínez
-Alsira López Álvarez
-Manuela Cortizo Medal
-José Álvarez Sieiro, "Pepito"
-Pura Mariño Martínez
-Gumersinda Castro Porto
-Maricarmen Martínez López
-Felicita Martínez López
-Clara Ruzo Suieiro
-José Álvarez Sieiro
-Hermitas Camiña Pena
-Delmira Camiña Pena
-Andrea López Varela
-Tania López Varela
Monday, March 06, 2006
Letras

Viva Barro, viva Barro
Viva Barriño de Arén
Viva Barro, viva Barro
Viva Meilide tamén.
Outras coplas que fan referencia aos lugares próximos de Barro de Arén:
Carballas está no alto
Meilide ramo de palma,
Cerdedo da miña vida
Barriño da miña alma.
Cerdedediño pros amores
Cerdedediño pros amores,
a fonte na carretera
San Juán no medio das torres.